Tuesday 07 de May de 2024

O prazo de inscrición no programa municipal “Actívate” abrirase o día 1 de setembro


O programa municipal “ACTÍVATE” diríxese a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e que padezan algunha enfermidade crónica e queiran facer exercicio adaptado para axudar ó seu corpo a levar mellor os procesos da enfermidade. Outros obxectvos do programa son compartir e relacionarse a nivel social, traballar as habilidades sociais e persoais e a xestión emocional. Trátase dunha abordaxe bio-psico-social que leve ás persoas a acadar un maior benestar en todos os ámbitos.

O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro deste ano no Centro Cívico Social de Xuvia, cun número total de 20 prazas, divididas en dous grupos.
Horarios Grupo I: luns de 10.00 a 11.30 horas e venres de 10.00 a 11.30 horas. Horarios Grupo II: martes de 16.00 a 17.30 horas e venres de 16.00 a 17.30 horas.

As solicitudes poderán realizarse a través da Sede Electrónica, no Rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos art. 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o dia 1 de setembro ás 8.30 horas ata o día 15 de decembro ás 13.30 horas.

As persoas interesadas en máis información poderán dirixirse ao Servizo Sociocomunitario do Concello, ou chamendo ao teléfono 981337700 (extensións 1115 / 1108 / 1109)